Publicado por: F.G. Atletismo
Este luns, 12 de febreiro, presentouse en Muros o Campionato de Galicia de Trailrunning na modalidade “classic” que se desputará tanto en competición individual como de clubs.
O acto foi presidido pola alcaldesa de Muros, María Lago; o concelleiro de deportes, Damián Torea; a directiva da FGA Esther Pedrosa así como os responsables do club organizador Serres Runners: Paula Cernadas, Félix Rebollido e Mónica Rodríguez.
Éxito de participación
O III Trail Cova da Bruxa vai camiño dos mil inscritos, se ben este luns se anunciaba en roda de prensa que se superaban os 900, as inscricións seguirán abertas ata o mércores.
Esta situación é todo un éxito para a comarca muradá, o atletismo galego e máis na especialidade do trail running.
A competición desputarase na modalidade classic, tanto campionato como as probas abertas do evento e contará tamén con andaina popular e probas escolares.
Os percorridos de campionato serán os seguintes:
- 23k e +1300 Campionato de Clubs e Individual Sub 23, Absoluto e Master.
- 15k + 690 Campionato Individual Sub 20
- 8k +450 Campionato Individual Sub 18 e Sub 16
Seleccion Galega
Tódolos mellores corredores da especialidade daranse cita no evento, o cal nos deparará unha competición intensa e vibrante ata a propia liña de meta.
Será a última proba puntuable para o campionato de España na cal están en xogo as 26 prazas da selección galega, atendendo ó ranking galego, sen ningún corredor ou corredora clasificado matemáticamente (pódese consultar en www.trailrunning.gal)
O artigo Presentouse en Muros o Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Presentouse en Muros o Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning