Preto de 10.500 inscritos sairán ás rúas na San Martiño

Publicado por: F.G. Atletismo

Ourense volverá vibrar esta fin de semana cunha nova edición da Carreira Popular da San Martiño, que este ano cumplirá corenta e oito anos baixo a participación de preto de 10.500 participantes, unha cifra que consolida á proba como a máis multitudinaria do calendario autonómico e un dos grandes referentes do atletismo galego na súa modalidade.

A evolución no número de rexistrados confirma a recuperación progresiva da proba tras o descenso sufrido nos anos posteriores á pandemia. Desde entón, a cita ourensá foi gañando adeptos edición tras edición, ata volver alcanzar os niveis previos ao COVID, cando miles de corredores enchían as rúas da cidade nunha auténtica festa do deporte.

Organizada polo Concello de Ourense, non só destaca polo seu volume de participación, senón tamén pola súa tradición e organización. Na mesma invertínse unha importante cantidade de medios e recursos precisos co fin de garantir o correcto desenvolvemento dunha xornada que transcende o puramente deportivo. A proba, representa ademais, un aceno de identidade para a cidade, que ten un impacto moi positivo na actividade comercial e hostaleira recibindo a milleiros de visitantes, corredores e acompañantes que enchen hoteis, restaurantes e bares, xerando un ambiente festivo que se estende moito máis alá do percorrido.

Con máis de catro décadas de historia, a Carreira Popular de San Martiño mantense como  un referente social e deportivo para o Concello de Ourense que ca chegada do Magosto, convértese no gran punto de encontro do deporte popular en Galicia.

O artigo Preto de 10.500 inscritos sairán ás rúas na San Martiño publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Preto de 10.500 inscritos sairán ás rúas na San Martiño

Mas noticias relacionadas