Recital dos máster galegos no Campionato de Europa

Publicado por: F.G. Atletismo

Como de fantástico papel pódese considerar o balance dos atletas galegos que se desplazaron ata a madrileña pista cuberta de Gallur para tomar parte nos Campionatos de Europa Master que se viñeron desenvolvendo dende os días 19 a 24.

Un total de vinte e seis medallas, das cales doce serían de ouro, cinco de prata e nove de bronce, acreditaría a gran actuación dos nosos que se complementaría  ca consecución de nada menos que once novos récords de Galicia, dous récords de España e un récord Mundial

Como resumo e dando comezo pola velocidade, esta modalidade tería en Miguel Gómez ó seu protagonista xa que o atleta do Celta marcaría un rexistro na proba dos 200 m. M-35 de 22.80 que lle permitirían acadar a medalla de bronce. Do mesmo xeito sería integrate do relevo que acadaría a prata nos 4×200 m.

Nos valados destacadas actuacións dos nosos representantes xa que tanto Emma Valencia do A.F.Celta na W-35 con 9.16 como o atleta do Marineda Atletismo Miguel López na categoría M-60 cun rexistro de 9.51 proclamaríanse campións continentais. Con este ultimo rexistro ademáis, o atleta coruñés establcería un novo récord de España da súa categoría.

Nas probas de medio fonfo e fondo, gran actuación de Esther Pedrosa que acadaría nada menos que tres medallas de ouro na categoría máster 55 cos seus títulos nos 1.500 m. con 5:10.92, 3.000 m con 10:59.33 e a modalidade de Campo a Través o que convirten na gran trunfadora dos nosos representantes.  Ramón Serantes do Marineda Atlático repetiría podio cos seus bronces na categoría M-45 tanto dos 1.500 m. con 4:17.60 como nos 3.000 m con 9:12.72.  Continuando cos 1.500 m . prata para Javier Toro do Verxel Nutrición na categoría M-60 con 4:49.18 e fantástico de novo Pepín Rioseco do Egovarros quen lograría un novo éxito que engadir ó seu dilatado palmarés ó impoñerse nos 1.500 M-75 con 5:34.55. e establecendo, de paso, unha nova plusmarca nacional da distancia.

Xosé Lois Otero do Universidade de Santiago sumaría un novo metal para os galegos ca súa prata nos 3.000 m. M-65 na que invertiría un rexistro de 10:46.84. Gustavo Platas do Verxel Nutrición pola súa banda, sería bronce nos 3.000 m. M-35 con 8:39.01

Nos saltos, Raquel Lameiro do ADAS Proinor colleitaría a prata na categoría  W-40 en triplo con 10.85 m. sendo o bronce para o cangués do Clube A Silva Basi Bernárdez quen con só tres saltos lograría o metal na M-40 con 12.70 m.

Continuando cos lanzamentos,  Francisco Gúzman do Celta proclamariase campión de Europa no disco M-40 con 45.43 m. sendo a súa vez medalla de bronce no peso con 14.43 m. No concurso de lanzamento de martelo Javier Cid do ADAS Proinor sumaría unha prata na categoría M-40 con 46.59 m.

Xa na xavalina, nada menos que catro ouros para os nosos lanzadores das que destacamos os títulos de Mónica Yánez do ADAS Proinor na W-40 con 36.94 m.; Emilia Mesa do Ourense Atletismo na W-65 con 28.55 m., Luis Nogueira do ADAS Proinor na M-65 con 55.75 m. (récord do campionato). Capítulo  aparte representa a actuación de Felicia Moldovan do Simple Scorpio-71 quen na categoría W-50 e cun mellor lanzamento de 47.53 lograría o Récord do Mundo da súa proba.

Por último, a Marcha tería en Conchi Campos a outra das protagonistas ó lograr a de Cuntis nada menos que o título europeo na proba dos 3 km marcha con 16:20.36 así como o bronce na de 5 km. con 28:04. Na categoría masculina dous bronces para José Fernandez Nieves do Celta na categoría máster 35 nos 3 km. con 13:26.78 e na dos 5 km. con 23:00.

Resultados

O artigo Recital dos máster galegos no Campionato de Europa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Recital dos máster galegos no Campionato de Europa

Mas noticias relacionadas