Reiníciase o Plan Galego de Tecnificación

Publicado por: F.G. Atletismo

Pouco a pouco pero de maneira firme,  volvense activar as distintas actividades e programas atléticos que estiveron paralizados durante o último ano.

Desta ocasión, e unha vez activadas as competicións oficiais, reiníciase un dos eixos fundamentais da política estratéxica da FGA como é o seu Plan Galego de Tecnificación.

Este programa, que conta co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, xorde da evolución e transformación do Plan N.I.T.A. (Núcleos de Iniciación e Tecnificación Atlética), posto en funcionamento en Galicia a partires do ano 1995 pola FGA e vixente ata o 2004, momento no que se implanta o actual Plan Galego de Tecnificación Atlética. O seu funcionamento supón unha parte esencial do programa Deportivo da FGA e da súa política no ámbito técnico, fundamentándose sobre as etapas de detección, seguimento e formación dos atletas así como do respaldo aos adestradores e adestradoras que se integren voluntariamente no mesmo.

Todos aqueles clubs e adestradores con licenza 2021 interesadas e interesados en formar parte do PGTA, poden solicitar o seu recoñocemento que deberá ser enviado como data límite ata o 30 de abril na seguinte dirección: direcciontecnica@atletismo.gal

Plan Galego de Tecnificación 2021 (e modelo solicitudes)

Foto portada, arquivo 2019

O artigo Reiníciase o Plan Galego de Tecnificación publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Reiníciase o Plan Galego de Tecnificación

Mas noticias relacionadas