RESULTADOS da COPA DIPUTACIÓN DE LUGO – 1ª Xornada (sábado 19 xaneiro)

Publicado por: Lucus Atletismo

Na mañá do sábado tiña lugar a primeira xornada da COPA DIPUTACIÓN DE LUGO no módulo cuberto das pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera no que, ademais dun día chuvioso, tamén acompañaron os bos resultados e a emoción da competición nos/as máis pequenos/as da Escola de Atletismo.

Un total de 15 medallistas puxeron fin a unha mañá que comezaba ás 10:00 horas, coas probas de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso nas distintas categorías, ás que se sumou a velocidade e os metros valados. Na imaxe posterior podedes acceder aos resultados completos da xornada, nos que a maioría dos/as atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA conseguiron mellorar as súas marcas de cara ao Campionato Galego de pista cuberta e, moitos outros, superar a primeira competición da tempada, coa vantaxe de estar xogando na casa. 

NORABOA CAMPIÓNS E CAMPIONAS!!

Enlace con la noticia original: RESULTADOS da COPA DIPUTACIÓN DE LUGO – 1ª Xornada (sábado 19 xaneiro)

Mas noticias relacionadas