Samertolameu e Marineda Atlético, protagonistas no máster de clubs

Publicado por: F.G. Atletismo

Disputaríase no día de onte o I Campionato de Galicia de Clubs Máster ca participación de varios equipos que competirían nas pistas da Universidade de Elviña por inscribir o seu nome no palmarés desta primeira edición.

O campionato que gozaría dun día fabuloso, amosaría a consecución de varios récords de Galicia así como a actuación destacada de moitos dos atletas participantes que darían vistosidade e relieve a esta importante cita máster.

O Samertolomeu na categoría feminina e o Marineda A. na masculina, serían os equipos gañadores e na que xunto a eles estarían no podiu respectivamente o Clube Atletismo Sada e A Silva así como o Clube Atletismo Santiago e o Samertolomeu.

No día de mañán faremos un amplo resume deste campionato.

Resultados

Foto Rosanita

O artigo Samertolameu e Marineda Atlético, protagonistas no máster de clubs publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Samertolameu e Marineda Atlético, protagonistas no máster de clubs

Mas noticias relacionadas