San Silvestres.

Publicado por: Ourense Atletismo

Duas son as probas que destacamos para participar neste derradeiro día do ano. Unha das probas será na cidade onde o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre Ourensá que se celebrará polas rúas da cidade o luns 31 de decembro.

Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo – Delegación en Ourense e por procedementos automatizados. A saída e meta estará sita no Xardín do Posío. As inscricións estarán abertas do 3 de decembro ata o 26 de decembro ás 20:30 h.
As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.carreiras galegas.com.
 
 
 
 
A “XVIII Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño”, organizada polo Concello de Castrelo de Miño e a delegación Ourensá da Federación Galega de Atletismo, celébrase o luns 31 de decembro, a partir das 16:30h. no Concello de Castrelo de Miño. A saída e chegada da proba serán no mesmo punto, situado no Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño.
HORARIO:
-Categorías sub10, sub12, sub14 e sub16, sairán ás 16:30 horas.
-Categorías sub18, sub20, sub23 e Senior/Veterano, sairán ás 16:40 horas.
 
Para a carreira ata sub16 consistirá nuha volta a un circuíto de 2.200 mts para o resto de categorías a distancia será de 7400 metros.
 

 


Enlace con la noticia original: San Silvestres.

Mas noticias relacionadas