
Publicado por: Ourense Atletismo
Máis de noventa participacións do Sanysec – Ourense Atletismo no Campionato Galego Sub10 e Sub12 de Pista Curta. A pista de Expourense acolleu o día 14 pola mañán unha intensa xornada ao xuntar aos máis pequenos no seu campionato galego de short track, antiga pista cuberta. A participación do noso club foi das máis amplas entre os clubs de Galicia. Tal situación viuse correspondida cun total de seis medallas:
• Álex Cid foi segundo nos 500 sub12 con 1:25.85
• Martín Valencia terceiro nos 1.000 sub10 con 3:34.15
• Saúl Carril segundo na altura sub10 con 1.16
• Gala Témez terceira nos 50 sub10 con 8.30
• Ada Cecilia terceira nos 60 sub12 con 8.86 e primeira na lonxitude sub12 con 4.22
Fantástico broche para pechar a tempada dos máis cativos na pista curta, dando paso ao aire libre que chegará nunhas semanas coa celebración dos campionatos de Xogade.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campionato Xunta de Galicia sub-10 e sub-12 PC
La entrada SEIS MEDALLAS NO GALEGO SUB10 E SUB12 apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: SEIS MEDALLAS NO GALEGO SUB10 E SUB12


