Selección para o Campionato de España de Federacións Autonómicas

Publicado por: F.G. Atletismo

Acábase de publicar a listaxe de atletas que oficialmente figuran convocados para formar parte da Selección Galega de Atletismo que representará a nosa comunidade o vindeiro día 14 no Concello catalán de Granollers no XLIII Campionato de España de Federacións Autonómicas

A esta importate cita acude a nosa selección cun total de 48 atletas que teñen como díficil reto intentar igualar ou mellorar a excelente actuación do ano pasado na que lembramos o equipo feminino acadaría un histórico segundo posto e un sexto a dos homes  .

Entre a lista de convocados compre salientar o sector do medio fondo ca presencia dos internacionais Tariku Novales e Solange Pereira nos 1.500. No resto de especialidades importantes nomes como os dos lanzadores Belén Toimil en peso e disco, Lidia Parada e Manuel Uriz en xavelina e Frank Casañas en disco.

Nos saltos Saleta Fernández en altura e Ruth Ndoumbe en triple configuraran a punta de lanza neste sector sen esquecer a un potente combinado de relevos do que se agarda un bo comportameto.

Ó fronte da expedición irá a Directora Técnica da FGA Madó González sendo os responsables dos sectores de velocidade e saltos José Carlos Tuñas e Santiago Ferrer quenes acudan en calidade de técnicos.

Todos/as os atletas deben confirmar (ou non) e sinalar os distintos aspectos que marca a circular adxunta antes das 20:00 horas do xoves día 5 de xullo 

O artigo Selección para o Campionato de España de Federacións Autonómicas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Selección para o Campionato de España de Federacións Autonómicas

Mas noticias relacionadas