Todo a punto para as galegas e galegos no europeo de cros

Publicado por: F.G. Atletismo

A expedición Española atópase xa instalada en Tilburg onde o día de mañá tomará parte Campionato de Europa de Campo a Través e na que a partir das 10.45 h. en Teledeporte, poderase seguir as súas evolucións.

Na relación composta por un total de corenta atletas integrantes dos sete equipos que compitirán sobre circuíto europeo, se atopan catro galegos e galegas.

Na categoría de relevo mixto está seleccionada un ano máis a mundialista e campioa Iberoamericana dos 1.500 m. deste ano, Solange Pereira quen intentará repetir ó podio por equipos como xa fixera o ano pasado na localidade eslovaca de Samorin onde acadaría o bronce. Xunto a de Cangas estarán nesta categoría os atletas, Saúl Ordóñez, Esther Guerreo e Víctor Ruiz.

Na categoría Sub23 Carmela Cardama abandonará momentaneamente a súa estancia nos E.E.U.U. para tomar formar parte do equipo hispano que intentará mellorar o quinto lugar conseguido na edición continental pasada e na que lembramos, a viguesa ocuparía o posto dazaoito da xeral. O resto do combinado que competirá na categoría Sub20 está formado por Celia Antón, Paula González, Claudia Estévez, Lucía Alvarez e Idaira Prieto.

Por último, os outros dos galegos convocados serán Adrián Ben e Tariku Novales. O lucense quen lidera o equipo Sub23 intentará desquitarse da súa ausencia do ano pasado por unha inoportuna apendicite. Todo parece indicar que o medallista nos 1.500 m. do europeo de Grosseto, se achega nun excelente estado de forma no que haberá que agardar do que é capaz de facer sobre a lama da cidade flamenca.

Tariku Novales da mesma maneira, acude a este escenario ca difícil misión de defender o excelente título continental por equipos colleitado o ano pasado. O subcampión europeo en Grosseto dos 5.000 m. formará tandem con Adrián Ben na categoría Sub23 e na que xunto os galegos estaránIgnacio Fontes, Amin Houkmi, Andrés Jiménez e Pablo Sánchez.

A nivel de seleccións, España intentará mellorar o quinto posto no medalleiro da edición pasada na que voltaría cun total de cinco medallas

Un xuíz galego como acompañante da Selección

Noutro orden de cousas o Xuíz coruñés de nivel III (Xuíz Árbitro) Guillermo Sandino, será quen acompañe á Selección xunto ó resto de Delegación oficial desprazada. Lembramos que recentemente este mesmo xuíz sería o número un da súa promoción no exame de acceso a esta categoría.

O artigo Todo a punto para as galegas e galegos no europeo de cros publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Todo a punto para as galegas e galegos no europeo de cros

Mas noticias relacionadas