TRANSPORTE PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO (sábado 29 febreiro, Ourense)

Publicado por: Lucus Atletismo

A última fin de semana deste mes terá lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO EN PISTA CUBERTA, onde tomarán parte os/as atletas máis destacados a nivel autonómico, nacional e internacional do noso país. Sen dúbida, unha oportunidade única para disfrutar do atletismo de máis alto nivel e vivir unha xornada onde a emoción e a deportividade convértense nas protagonistas.

É por iso que, desde o Club, estamos a organizar o desprazamento ata a Pista Cuberta de Ourense para todos e todas as que queirades achegarvos para disfrutar da xornada, ademais de acompañar aos atletas que tomarán parte representando ao Lucus Caixa Rural Galega. Será o SÁBADO 29 DE FEBREIRO en horario completo, con saída pola mañá e volta ao remate da competición. Se queredes anotarvos, xa está aberto o prazo para facelo no apartado de Inscricións, desde o seguinte enlace.

! NOTA IMPORTANTE: o Club facilita soamente o transporte, as entradas para o evento (e, no seu caso, o aloxamento), serán responsabilidade persoal de cada un/unha.

ANIMÁDEVOS A VIR!! 💪

Enlace con la noticia original: TRANSPORTE PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO (sábado 29 febreiro, Ourense)

Mas noticias relacionadas