Publicado por: Ourense Atletismo
Bos resultados do Club Ourense Atletismo no Galego Sub-20 de Pista Curta celebrado en Expourense, onde tivemos tres metais e catro cuartos postos, ademáis de multitude de mellores marcas persoais.
Resultados:
– Leyla Villar Abella, primeira nos 3.000m con 10:08.18. Boa carta de presentación para o nacional absoluto que disputará a vindeira fin de semana.
– Laura Freire Viñas, segunda nos 60m con 7.84, mellor marca persoal e mínima nacional. Nos 200m logrou o quinto posto 26.30, tamén mellor marca persoal.
– Javier Trillo García, prata nos 200m con 22.90, mellor marca persoal, e cuarto nos 400m con 50.73, novamente marca persoal.
– Samuel Banga Arancey, cuarto no triplo con 12.81 e sexto en lonxitude 5.88. Nas dúas probas rexistrou a súa marca persoal.
– Noa Rey Bravo, cuarta nos 60m valos con 10.12 e quinta nos 400m con 1:03.98, facendo nesta proba a súa marca persoal.
– Carla Pazos Franco sexta nos 400m con 1:04.00 establecendo a súa mellor marca perosal.
– Daniel Villanueva Guede foi oitavo en peso con 10.24.
– Olalla García Rey terminou cuarta en Lonxitude con 4.84 e na sua serie dos 60m repetiu o cuarto posto con 8.51.
– Maria Lage Burón, na súa serie foi quinta en 60m valos con 11.60.
– Rodrigo Díaz Enríquez, sétimo en lonxitude con 5.86 e na súa serie dos 60m sexto con 7.53.
– Andrea Rodríguez Fernández, sexta na súa serie dos 60m con 8.79 e terceira na súaa serie dos 200m.
– Uxia Rodríguez Pérez, sexta en altura con 1.39.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XXIX CTO. XUNTA GALICIA SUB20 PISTA CURTA
La entrada TRES MEDALLAS NO GALEGO SUB20 apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: TRES MEDALLAS NO GALEGO SUB20