UN BRONCE E DOUS RÉCORDS GALEGOS EN GETAFE

Publicado por: Ourense Atletismo

Na cidade de Getafe disputáronse o Trofeo AD Cerro Buenavista e o Campionato de España 10 km marcha ruta Master co magnífico resultado dun récord galego absoluto de Carmen Escarizrécord de España F50 e medalla de bronce de Soledad Pousa.

Carmen conseguiu o récord galego na distancia dos 10km marcha cun tempo de 44:29, o que lle permitiu gañar a carreira absoluta feminina do Trofeo.

Soledad Pousa fixo un rexistro de 1:02:51 na mesma distancia, sendo a 15ª entre o global da categoría máster e a 3ª F50. Nesta carreira participou tamén María Grande que con 1:02:41 quedou en 14ª posición do global máster e 7ª F45.

No Trofeo Cerro Buenavista tamén participou Germán Quiroga, quen con 23:24 rematou na 8ª posición da carreira máster de 3km.

Fantástica actuación dos nosos atletas en ambos campionatos desputados na cidade madrileña.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campeonato de España de Marcha en Ruta Promoción y 10 km Master

XXV Trofeo de Marcha Asco. Deport. Cerro Buenavista

Carmen Escariz Mella

La entrada UN BRONCE E DOUS RÉCORDS GALEGOS EN GETAFE apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: UN BRONCE E DOUS RÉCORDS GALEGOS EN GETAFE

Mas noticias relacionadas