Valencia, no punto de mira do atletismo galego

Publicado por: F.G. Atletismo

A pista cuberta do Palau Velodrum Luis Puig, será onde os días 17 e 18 de febreiro se desenvolva a cita nacional máis importante baixo teito da presente tempada.

A este LIV Campionato de España Absoluto acuden un total de vintesete atletas galegos na que as figuras de Ana Peleteiro, Solange Pereira, Saleta Fernández, Belén Toimil ou Jean Marie Okutu encabezan o cartel autonómico.

Na velocidade será bo momento para ver de novo en acción a Javi Cancela quen intentará baixar esos 6.85 cos que se achega a estos campionatos e na que a presenza de Mauro Triana que vai pouco a pouco superando a súa grave lesión, xa é motivo de celebración. Por parte feminina a venezolana do Celta Nediam Nori Vargas con 7.59 farán dela una clara aspirante a estar na final o mesmo que Paula Iglesias quen nos 400 m. loitará por entrar na élite absoluta e de paso “atacar” ese récord galego Sub-23 de 55.35 efectuado fai unha semana.

No medio fondo Adrián Ben, e malia que os problemas non o están a deixar ter una tempada invernal como lle gustaría, estará loitando por baixar esos 8:13 deste ano. Nas mulleres, a xoven promesa Raquel Meaños terá o seu obxectivo posto en acadar praza de finalista na proba dos 800 m.

Unha das claras apostas destes campionatos será a de Solange Pereira quen tomará parte nos 1.500 m. con serias opcións de reeditar o título das tres últimas tempadas, malia que para elo terá na soriana Marta Pérez a unha seria rival. Leticia Fernández que acude nun magnífico estado de forma, poderíase colgar a súa primeira medalla nunha final absoluta destas características xa que aspira nada menos que ós podios dos 1.500 m. e dos 3.000 m. onde se presenta ca terceira e segunda mellor marca da tempada respectivamente.

Nos saltos Jean Marie Okutu estará na loita polas medallas co obxectivo posto en reeditar ese triunfo en lonxitude do ano 2016 en Madrid. Distinto obxectivo terá Anxo Blanco en triplo quen loitará por mellorar esos fantásticos 15,62 m. efectuados en Salamanca. Na altura Saleta Fernández xa consolidada na élite nacional, terá que defender a súa hexemonía manifestada con esos 1,84 de fai uns días. Leticia Gil pola súa banda, buscará superar os 6,10 m. deste ano e saltar preto dos 6,22 do ano pasado e que a levarían ata a quinta posición do nacional de Salamanca.

A proba de triplo conta a priori con Ana Peleteiro como indiscutible dominadora tanto polos seus 14,20 m. como pola súa  regularidade, que fan que sexan avales suficientes para o título nacional. Atención a Ruth Ndoumbe quen pode estar tamén no podio grazas ós 13,13 m. do mes de febreiro en Zaragoza e que a colocan de terceira no ránking nacional.

Nos lanzamentos, Belén Toimil estará no sector de peso facendo valer os 15,97 m. deste ano e intentando plantarlle cara a murciana Úrsula Rúiz que parte a priori como favorita. Pola súa banda Víctor Gallego estará na pelexa por acadar una nova final que engadir ó seu dilatado palmarés.

Por último Adolfo Saínz Maza intentará facer un bo concurso de combinadas logo de que o ano pasado acadara o subcampionato nacional baixo teito Sub-23.

Participantes Galegos no Absoluto de Valencia PC

Circular RFEA 43-208

O artigo Valencia, no punto de mira do atletismo galego publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Valencia, no punto de mira do atletismo galego

Mas noticias relacionadas