VII LIGA ABANCA DE CATEGORÍA MENORES (sábado 15 decembro, Ourense)

Publicado por: Lucus Atletismo

Quentando motores están os/as atletas da nosa Escola de Atletismo, logo da participación no cross o pasado domingo e coa vista xa posta na Fase Provincial da VII LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES, que se disputará o vindeiro sábado 15 de decembro en horario de mañá, xunto coa localidade ourensá, na Pista Cuberta de Ourense.

A participación será por equipos, nos que puntuarán todos os membros de cada categoría para cubrir as distintas probas, na loita por un obxectivo común como é a clasificación para a Fase Final, á que terán acceso os Clubs vencedores e os cinco con máis puntos das xornadas previas. As distintas probas que defenderán os/as atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA serán as seguintes, en cada un dos equipos feminino e masculino das categorías SUB10, SUB12  e SUB14.

SUB10/BENXAMÍN SUB12/ALEVÍN SUB14/INFANTIL
50 m.l. 60 m.l. 60 m.l.
500 m.l. 500 m.l. 500 m.l.
1.000 m.l. 1.000 m.l. 1.000 m.l.
60 m.v.
Peso 1kg Peso 2kg Peso 3kg
Lonxitude Lonxitude Lonxitude
Altura Altura Altura
Pértega
Triplo salto
Relevo 4×50 Relevo 4×50 Relevo 4×50

A plan concreta de viaxe co horario definitivo informarase a vindeira semana  aínda que, como xa sabedes, sairemos en autobús desde Lugo co grupo de atletas, comeremos alí en Ourense e voltaremos ao remate do xantar, tamén en autobús; polo que deberedes abonar 5€/persoa no momento da subida ao transporte, en concepto de viaxe e comida.

Sen máis, agardamos as vosas participacións (se aínda non confirmastes a asistencia por calquera das vías dispoñibles, podedes facelo antes deste sábado 8 de decembro ás 22:00 horas) e animámosvos a formar parte desta xornada competitiva na que, ademais de traballar en equipos, terán a oportunidade de convivir como Club e pasar un día do máis emocionante. Deixamos nos seguintes enlaces máis información sobre a xornada e, calquera outra dúbida que teñades, encantaranos respondervos a través de escolalucus@gmail.com.

👉 Regulamento 👉 Horario das probas
VÉMONOS PRONTO!

Enlace con la noticia original: VII LIGA ABANCA DE CATEGORÍA MENORES (sábado 15 decembro, Ourense)

Mas noticias relacionadas