Xa te podes inscribir na San Silvestre 2022

Publicado por: S.G.Pontevedra

O 20 de decembro abriron as inscricións para a San Silvestre de 2022. Este ano desprazámonos ao Mercado de Abastos. No momento en que as persoas interesadas se inscriban xa recollen o dorsal co que teñen que participar obrigatoriamente o día do evento. Entregaranse dorsais ata esgotar existencias.

As datas e horarios para poder anotarse nesta proba son:

  • Do martes 20 ao venres 23 de decembro so en horario de tarde, dende as 17:30h ata ás 20:30h.
  • Do luns 26 ao venres 30 de decembro haberá dobre xornada. Pola mañá, dende ás 10:30h ata ás 13:30h; e en xornada de tarde dende ás 17:30h ata ás 20:30h.
  • O sábado 31 de decembro, pódense inscribir so pola mañá, dende as 10:30h ata ás 13:30h.

Para inscribir a outras persoas sen que estean presentes no momento da anotación, hai que ensinar unha autorización do titular, por exemplo, unha foto do DNI.

No momento da inscrición, os interesados teñen que traer un produto de alimentación imperecedoiro que será entregado á Rede Axuda. É dicir, o programa social do Concello de Pontevedra, que o repartirá entre as entidades que máis o necesiten.

Ademais, dende a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, no momento de recoller o dorsal, tamén agradecemos a aportación voluntaria de 1€ por dorsal para sufragar os gastos da carreira e apoiar a labor da nosa entidade sen ánimo de lucro na promoción do atletismo da nosa comarca.

La entrada Xa te podes inscribir na San Silvestre 2022 aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Xa te podes inscribir na San Silvestre 2022

Mas noticias relacionadas