Xogade – Campo a Través – Campionato Provincial

Publicado por: Ourense Atletismo

Nas categorías sub10, sub12 e sub14, poderán tomar parte en cada unha das probas, os DOUS PRIMEIROS EQUIPOS clasificados de cada zona (sempre sendo de entidades distintas) e os OITO PRIMEIROS ATLETAS, se non forman parte dos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado. Na categoría Cadete, queda libre a participación.

Cada Equipo estará formado por un mínimo de catro e un máximo de seis atletas.

Estableceranse dúas clasificacións:
a) INDIVIDUAL: segundo a orde de chegada á Meta.
b) POR EQUIPOS: sumando os puntos obtidos polos catro (3 en sub16) corredores mellor clasificados, resultando vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos.

Clasificaranse para desputar a Fase Galega, OS DOUS MELLORES EQUIPOS das categorías: sub12, sub14 e sub16, non podendo haber dous equipos da mesma entidade ,Ademáis, clasificaranse os OITO PRIMEIROS/AS ATLETAS de cada categoría, sempre e cando non sexan dalgún dos equipos xa clasificados.

En ningún caso se correrá o posto de invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.
No caso de que algún centro educativo ou clube, de conformidade coas normas anteriores, presente varios equipos na mesma categoria, permitiráselle, se se clasifica para as seguintes fases, formar os equipos seleccionando aos/as atletas.

 

 

Horario


Enlace con la noticia original: Xogade – Campo a Través – Campionato Provincial

Mas noticias relacionadas