XXV Memorial Celso Mariño (2024)

Publicado por: S.G.Pontevedra

Despois do parón obrigado polas obras realizadas no CGTD, hoxe xoves 20 de xuño, estreamos en competición a nova pista. Os atletas desafiaron ó vento e ós cambios bruscos de temperatura nunha xornada na que se recuperou a normalidade.

Abriron a tarde os participantes na xavelina masculina (500g), copado por atletas da Gimnástica, sendo o primeiro posto para Alejandro Mosteiro, quen lanzou o artefato ata os 28.27metros. Na categoría de xavelina de 600g, o primeiro posto foi para Adrián Cabaleiro, atleta do noso clube seguido de Óscar Rodal e Adrián Blanco, ambos do C.D. Pinarium. Gonzalo Gabián, do Atletismo Rías Baixas fíxose co primeiro posto no peso 700 e o atleta da Gimnástica, Jonathan Correa fíxose co primeiro posto no lanzamento de xavelina de 800g.

Xavelina feminina (400g), onde o primeiro posto foi para a atleta Gimnástica Ángela Moldes, cun lanzamento que acadou os 23.88 metros. Na categoría co artefato de 500g, o primeiro posto foi para Saray Duque, do Atletismo Cuntis, seguida de Alicia Gabián, do Atletismo Rías Baixas. Na categoría de xavelina de 600g, o primeiro posto foi acadado por María Ángeles Filgueira, da Gimnástica, seguida de Clara Mª Millares, do El Canario.

Na pértega masculina o protagonismo foi para Tomás López, pertenecente o Club Atletismo Sada, filial da Gimnástica, quen pasou o listón colocado en 4.61 metros, seguido por Alejandro Villaverde e Matías Moldes, atletas do clube. A pértega feminina foi para Marina Artemia Pérez, seguida de preto por Marta González e Carmen Saavedra.

Sara Mourente conseguiu o primeiro posto nos 50 metros lisos, seguida por dúas atletas do Rías Baixas, Sara Tajes e Elsa Núñez.

Nos 60 metros masculinos competiron Hugo Suárez, Breixo López e Roque Chouza na serie 1 e os primeiros postos da serie 2 desta distancia foron para Joel Núñez, Fabián Fernández e Jose Luis Escurís, do Atlética Barbanza. No caso das rapazas, o primero posto foi acadado pola atleta do Atletismo Cuntis, Ailyn Lauren Durán, seguida de Daniela Gil, do SD Compostela Atletismo e de Sofía Diz, da Gimnástica.

Tamén houbo competición nos 80 metros lisos, disputándose 3 series, onde a primeira en cruzar a meta na serie 2 foi Sofía Paz, do Atlética Barbanza, facendo o mesmo Sabela Abarca na serie 2 e Carla Torres, na serie 3. Os rapaces competiron en 2 series, sendo o primeiro posto da primeira serie para Rubén Vázquez, do CSCR Beade, seguido de Nicolás Piñeiro, atleta do noso clube. Na serie 2, o primeiro posto foi para Paio Estévez, da Gimnástica, seguido de Ismael Ogando.

Chegou o turno dos 100 metros lisos, onde houbo que disputar 6 semifinais para decidir os mellores atletas desta distancia na xornada de hoxe, que finalmente foron Cris Garrido, atleta da Gimnástica, quen se impuxo con autoridade despois de facerse co título de Campeona Galega en aire libre a pasada fin de semana, seguida de Olivia Gutiérrez, do Atletismo Femenino Celta e de Antía Alcalde, do Atlética Barbanza.

No caso dos rapaces, impuxéronse en cada unha das súas finais, Adrián Outeiral, do C.A. Santiago, Álex Lamas, do Atletismo Porriño, Alberto Borrajo, do R.C. Celta, Nicolás Ezequiel Saavedra, do Atletismo Rías Baixas, Marco Rendo, do C.A. Millaraio e Ángel Moldes, da Gimnástica.

Na distancia 800 metros lisos, o primeiro posto foi para Eva Piñel, do Atletismo Femenino Celta, seguida de María Carballido, do Grupoempleo Pamplona Atletismo e Ainara Rodríguez, da Gimnástica. No caso dos rapaces, Alberto Outón, do R.C. Celta foi o primero en cruzar a meta na súa serie, sendo terceiro o atleta da Gimnástica, Adrián Lago. Na serie 2 foi Amador Pena, do SD Compostela Atletismo, o primeiro en chegar á meta, parando o crono en 02:05.19.

Raúl Cortizo, do noso clube, foi o primeiro no triplo salto, seguido de Martín González, do Atlética Barbanza e Hugo Feijóo, tamén da Gimnástica. Na categoría feminina foi Eva Fernández, do Atlética Barbanza, seguida das atletas Gimnásticas Xela Mayo e Noa Currás.

Os lanzadores de disco tamén competiron nesta xornada. Competiron atletas do noso clube, sendo esta vez o primeiro Miguel Ángel López, seguido de David Vázquez, na categoría de 1 kg. Na categoría de 1.5 kg, o primeiro posto foi para Eloy Acuña, que ostenta este ano o título de Campión Galego, seguido de Álvaro Fontán e Nico Quiñones. No caso da sección feminina, o primeiro posto no peso de 800g foi para Cristina Martínez, seguida de Irene Peleteiro e Sabela Pallares. Na categoría de 1kg, a primeira posición foi para Xiana Lago, do Ría Ferrol-C.Arenal, seguida de María Teresa Janeiro, do club filial Atletismo Sada.

Adrián Outeiral, do C.A. Santiago, foi o primeiro da súa serie no 200, seguido do gimnástico David Abalde. Na serie 2 foi Alberto Borrajo, do R.C. Celta o primeiro en chegar á meta e Yago Gómez, do C.S.C.R. Beade fixo o propio na última serie. Marta Camaño, atleta do Atletismo Vila de Cangas foi a primeira da súa serie nesta distancia, sendo a primeira gimnástica en atravesar a meta Paula Torres, e na serie 2 a máis rápida foi Iria Rodríguez, do Maderas Barcia Lourenzá Cervo, seguida de María Ulla, da Asociación Deportiva CAR.

A longa distancia desta xornada foi o 3000, que levou o Atletismo Portugalete da man de Hugo García, seguido dos atletas do Lucus Caixa Rural Galega, Esteban Iglesia e Teo De Frutos. O atleta da gimnástica, Carlos Porto, grande favorito e en primeiro lugar en case toda a carreira, tivo que abandoar.

Foi o turno do 400 feminino. Celia Castro, do Facsa-Playas de Castellón foi a primeira en cruzar a meta da serie 1, seguida de Paula López, do Ourense Atletismo e de Lorena Saborido, do Atlética Barbanza. Na serie 2 a máis rápida foi Claudia Castro, do Atletismo Femenino Celta. Na categoría masculina, foi Alexis Miguéns o máis rápido da súa serie, seguido de Pedro Pose. Na serie 2 o primeiro posto foi para Diego Carragal, do Atletismo Rías Baixas, seguido dos atletas do C.S.C.R Beade, Yago Fernández e Marcos Acuña.

A xornada pechouse coas remudas. O equipo do Atletismo Femenino Celta conseguiu o primeiro posto, sendo o Gimnástica B, composto por Xela Mayo, Sabela Baltar, Marina Artemia Pérez e Carmen Saavedra, terceiro. En categoría masculina, foron primeiros os atletas do clube, Mateo Lorenzo, Gael Veiga, Pablo Coladas e Hugo Feijóo, seguidos do equipo formado por Paco Lamas, Álvaro Fontán, Nico Quiñones e Matías Moldes.

Noraboa a todos por unha nova xornada de atletismo en pista. Vémonos o próximo mércores 26 no L Trofeo Boa Vila!


Enlace con la noticia original: XXV Memorial Celso Mariño (2024)

Mas noticias relacionadas