XXVI Memorial Celso Mariño – Circuito Froiz 2025

Publicado por: S.G.Pontevedra

De novo o CGTD foi o escenario da tarde de competición do Circuito Froiz 2025, unha tarde con vento que fixo a xornada máis agradable tanto para atletas como para os espectadores que se achegaron a desfrutar do atletismo de todas as categorías.

Na xornada de onte destacaron atletas como a marchadora Alba Pérez, a mellor no 3000 metros marcha con diferencia. Ademais, o seu compañeiro, Mateo Miñán, repetiu como gimnástico máis rápido na distancia de marcha e, ademais, conseguir o seu mellor rexistro persoal (15:05:85).

Destacaron tamén os lanzadores, que a pesar do vento puideron executar moi bos lanzamentos, como o de Banesa Currás en peso, con nova marca persoa tras enviar o artefacto ata os 10.36 metros, ou Víctor Gallego, que foi o mellor na mesma disciplina en categoría masculina. Eloy Acuña tamén foi o mellor en lanzamento de peso de 6kg, igual que Helena Rey (primeira) e Cristina Martínez Lariño (segunda) no lanzamento de peso de 3kg.

Os velocistas foron maioría na tarde de onte, onde destacaron atletas como Nico Piñeiro, que foi o mellor na final 4 do 100 metros lisos e que, ademais, conseguiu unha nova mellor marca persoal na distancia, 12.50 segundos. Nico máis tarde sería ademais o segundo mellor tempo na final do 300 metros lisos. Seu compañeiro, Sergio Lamas, foi tamén o mellor na súa serie e tamén consigue a súa nova mellor marca persoal, con 12.82. No caso das rapazas, a mellor gimnástica da tarde no 100 metros lisos foi Icíar Cardona, segunda na final 3 e tamén con nova mellor marca persoal (13.34).

Durante a tarde tamén se disputou unha das distancias que máis alegrías está dando últimamente ó club, o 800 metros lisos. Esta vez foi Sabela Martínez, a flamante Subcampioa de España na distancia en categoría sub18, quen cruzou primeira a liña de meta, seguida moi de preto polas súas compañeiras de equipo, Paula de la Torre e María Estévez, que ven de conseguir o bronce nacional, como Sabela, na distancia de 2000 metros lisos.

O  mellor gimnástico no triplo salto esta vez foi Isaac Casal, segundo, e en categoría feminina a mellor do club foi Marina Artemia Pérez, que foi terceira, seguida por Irati Legazpi.

Con eso se puxo fin á penúltima xornada da edición 2025 do Circuito Froiz de Atletismo en Pista, que terá a súa última parada o próximo venres 18 de xullo, de novo nas pistas do CGTD de Pontevedra, para celebrar o XLIX Trofeo Virxe Peregrina. Vémonos a semana próxima!!


Enlace con la noticia original: XXVI Memorial Celso Mariño – Circuito Froiz 2025

Mas noticias relacionadas