XXXIII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través Individual e Clubs

Publicado por: Ourense Atletismo

A Federación Galega de Atletismo organiza o XXXIII Campionato de Galicia de campo a través Máster o 10 de febreiro no circuíto de campo a través de Fene. Os atletas poden baixar de categoría, sendo polo menos 2 atletas os que puntúan no equipo da categoría na que se quere puntuar (a inferior). Realizarase unha clasificación individual e outra por equipos; a clasificación por equipos farase en cada unha das carreiras programadas. Para realizar a clasificación por equipos sumaranse os postos obtidos polos/as 3 primeiro/as atletas en cada carreira. Resultará gañador o equipo que menos puntos obteña. As inscricións realizaranse a través do sistema on line na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 5 de febreiro.
 

Enlace con la noticia original: XXXIII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través Individual e Clubs

Mas noticias relacionadas