RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA CAMPO A TRAVÉS (3 febreiro, As Pontes)

Publicado por: Lucus Atletismo

Este domingo quedaba protagonizado polos distintos campionatos de campo a través que tiñan lugar na comunidade autónoma galega. O circuíto de As Pontes acollía o CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E POR EQUIPOS, onde as categorías SUB20, SUB23 e absoluta perseguían os títulos galegos nesta modalidade do atletismo.

©Imaxe tomada por Fotocarlosgrafías.

A títulos individuais, a fondista Laura Santos cruzaba a meta da carreira absoluta na sexta posición, percorrendo os case 9km nun tempo de 35:41, rexistro que a convertía na subcampiona autonómica da categoría SUB23. Paula Castro-Gil, pola súa parte, remataba os 5.000 metros da categoría SUB20 entre as primeiras chegadas, na 13ª posición e detendo o crono nos 22:24 minutos. Na SUB20 masculina serían Kevin Darriba (26:03), Agustín Cordero (26:04) e Ismael Francos (29:37) os representantes do club, loitando por rematar os 7.000m. de percorrido polo lago.

©Imaxe tomada por Fotocarlosgrafías.

Na absoluta, Esteban Iglesia facíase coa quinta posición, rematando os 9.000 metros cun cronómetro de 29:35, nunha durísima batalla onde todos os atletas loitaban ata o final. Juan Gude sería o segundo do Lucus en cruzar a meta, rexistrando no reloxo 30:45 minutos, aos que seguirían Nicolás Arrojo (31:47), Xabier Díaz (31:57) e Manuel Eiras (34:07). Todos eles faríanse co terceiro posto na clasificación por equipos, levando consigo as medallas de bronce cun total de 60 puntos, que os subían ao podio neste campionato galego.

Daniel Pérez obtería na categoría SUB23 a sexta posición, loitando cos demais participantes para deter o crono nos 31:28; seguido por Xabier Rodríguez, que gravaba 35:14 minutos como rexistro e Marco Fernández, cun tempo de 36:26, que pechaba a participación dos nosos representantes na derradeira proba da xornada.

Deixamos os resultados da xornada, así como algunhas das imaxes tomadas por ➤Fotocarlosgrafías e ➤RunPhotos Galicia, non esquezades botarlle un ollo aos seus perfís de Facebook para ver as galerías completas!

[See image gallery at www.atletismolucus.org]

MOI BO TRABALLO!!

 


Enlace con la noticia original: RESULTADOS do CAMPIONATO DE GALICIA CAMPO A TRAVÉS (3 febreiro, As Pontes)

Mas noticias relacionadas