ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DE VERÁN 2021 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA

Publicado por: Seis do Nadal Basket

Despois do éxito do Campus de Verán 2021 o
Club Baloncesto Seis do Nadal
xa ten preparada unha nova actividade: as
Xornadas de Tecnificación de Verán
.
.

Durante a semana do
9
ao 13 de agosto do 2021
celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal as Xornadas de
Tecnificación de Verán 2021
organizadas polo
Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, e con tódalas medidas impostas de seguridade e hixiene esixidas polas autoridades..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia.
As sesións estarán centradas na mecánica de tiro, na técnica individual, na
táctica colectiva e individual, na toma de decisións e na preparación física..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:30 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os e as deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2012) e ata júnior (nados no ano 2004). 

O prezo deste campus é de
85 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de
65 euros. 

As prazas dispoñibles para
as Xornadas de Tecnificación de Verán 2021 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada un dos comprobantes de pago). Para formalizar a inscrición é preciso enviar a folla de inscrición seguinte, a autoricación e o xustificante de pago ao enderezo areadeportiva@seisdonadalcoia.com. 


Enlace con la noticia original: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DE VERÁN 2021 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA

Mas noticias relacionadas