ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE INVERNO 2022 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA

Publicado por: Seis do Nadal Basket

Despois do éxito do Campus de Verán 2022 o Club Baloncesto Seis do Nadal xa ten preparada unha nova actividade: o Campus de Inverno 2022..


Durante os días 26, 27, 28 e 29 de decembro
do 2022
celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Inverno 2022 organizadas polo
Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia dirixido a nenos e nenas de entre
6 e 17 anos
..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de tecnificación que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. As sesións estarán centradas na mecánica de tiro, na técnica individual, na táctica individual, na toma de decisións e na preparación física..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:30 e as 13:30 horas.
Non deixes escapar a oportunidade de pasar as vacacións de Nadal connosco e lembralas como unha das túas mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e tamén se poderán anotar os e as deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2016) e ata júnior (nados no ano 2005). 

O prezo deste campus é de 90 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 70 euros. 

As prazas dispoñibles para o Campus de Inverno 2022 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada un dos comprobantes de pago). A inscrición desta nova edición do Campus de Inverno 2022 se fará a través do seguinte formulario web pulsando aquí ou na imaxe do Campus.


Enlace con la noticia original: ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE INVERNO 2022 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA

Mas noticias relacionadas