O SEIS DO NADAL – COIA PRESENTE NA VII XORNADA DA HARMONIZACIÓN DO PREMINI E MINI GALEGO

Publicado por: Seis do Nadal Basket

..

O pasado domingo día 31 de marzo do 2019 a Federación Galega de Baloncesto organizou no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago Compostela a VII Xornada de Harmonización do Minibásquet Galego.

 

Nesta xornada co minibásquet como máximo protagonista, o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia estivo representado por tres deportistas e un técnico que foron chamados baixo unha convocatoria previa e pechada para integrar os diferentes Centros de Tecnificación.

 

En categoría benxamín foron convocados Alan Blanco xunto a María Vázquez, integrantes dos equipos benxamíns do club. En categoría alevín foi convocada Sandra Martínez, xogadora do Alevín Feminino "B". E Brais Álvarez, adestrador axudante do conxunto Alevín Masculino "A", foi convocado para dirixir un dos grupos de traballo da xornada.

 

(Alan Blanco co grupo de tecnificación da xeración 2009)

 

(María Vázquez xunto as demais xogadoras da xeración 2010 en Santiago)

 

(Sandra Martínez no grupo de tecnificación da xeración 2009 feminina)

 

(Brais Álvarez xunto ao resto de técnicos da Xornada de Harmonización)


Enlace con la noticia original: O SEIS DO NADAL – COIA PRESENTE NA VII XORNADA DA HARMONIZACIÓN DO PREMINI E MINI GALEGO

Mas noticias relacionadas