REGRESA O DÍA DO BENXAMÍN DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN DE NAVIA

Publicado por: Seis do Nadal Basket

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza o próximo sábado día 8 de xuño do 2019 a xa Sexta Edición do Día do Benxamín nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

.

Un total de 25 equipos de categoría benxamín e procedentes da delegación de Vigo e da delegación de Arousa participarán no VI Día do Benxamín que volve a organizar o club vigués na recta final da presente tempada 2018/2019.

.

Nesta sexta edición do Día do Benxamín participarán un total de 25 equipos dos cales 24 equipos pertencen á delegación de Vigo e 1 conxuntos pertence á delegación de Arousa. Todos eles, sendo máis de 300 deportistas, protagonizarán unha gran festa do baloncesto que marcará o final da tempada.

.

O escenario do evento será o polideportivo municipal de Navia no que haberá cinco pistas no interior do pavillón. Nestas cinco pistas se xogarán 40 partidos de categoría benxamín ao longo da xornada da tarde do día 8 de xuño do 2019 entre as 16:00 e as 20:00 horas.

 

Ademais a organización do Día do Benxamín preparou para tódolos nenos e nenas participantes unha actividade de hip-hop das mans do grupo Grow As Ohana que colabora desde fai anos co club no desenvolvemento das nosas actividades.


Enlace con la noticia original: REGRESA O DÍA DO BENXAMÍN DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL – COIA ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN DE NAVIA

Mas noticias relacionadas