A "Armada" galega conquista o ciclocrós de Burgos

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Gran parte do pelotón galego de ciclocrós desprazouse o fin de semana a terras burgalesas para tomar parte en dúas das probas do Circuíto Deputación da localidade castelá. A ampla representación da nosa comunidade fíxose notar deixando unha gran imaxe na competición e logrando un bo número de podios tanto en Medina de Pomar como Villarcayo.

Iván Feijoo (Maceda) sumou dúas vitorias na categoría sub 23. O alaricano obtivo a segunda praza absoluta na xornada do sábado tras poñer en apertos a Aitor Hernández ( Specialized Érmua) sobre o circuíto do parque de Villacobos. Feijoo e Hernández desbarataron as esperanzas do local Martín Mata (Velobur) a quen superaron tras un gran arranque do burgalés. Houbo que agardar aos metros finais para ver como se definía o duelo de cabeza, resolto a favor do dúas veces campión de España. A reválida para ambos chegou o domingo no XVI Ciclocros de Villarcayo. Ali Feijoo logrou a terceira praza absoluta tras Hernández e Martin Mata con triunfo na súa categoría.

Irene Trabazo (Marin Ottoman) iniciaba a fin de semana cunha magnífica segunda praza en Medina e confirmaba o seu gran momento de forma cun brillante triunfo en Villarcayo ante a campioa asturiana Paula Díaz (MMR).

A canteira galega mostrou o seu poderío cos cadetes. Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Zoe do Río (Marín) foron segundo e terceiro respectivamente en Medina de Pomar. Ambos repetirían posición no podio a xornada do domingo e nos dous casos superados por Rubén Sánchez (Sanse Rotor) aínda que por escasa marxe no circuíto de Villarcayo.

Laura Capa (Marín) suma as súas participacións con podios e en Burgos logrou un importante triunfo en Pomar e a segunda praza na matinal do domingo. Outro éxito para os canteiráns galegos correu a cargo do xunior vigués Jorge Fernández (Ponteareas) coa súa terceira praza en Pomar.

Entre os master destacar a victoria de Isabel Castro (Condado) na cita do sábado e o terceiro posto de Andrés Calvete (Monte Xalo) o domingo. O master 50 Mario Castro (Cortizo) rozou o podio en ámbas xornadas do mesmo xeito que Alejandro Mesia ( Quintena) en master 40.

RESULTADOS DOS GALEGOS

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

ELITE

*SUB23

Iván Feijoo *

Maceda

Adrián Barros *

Ponteareas

NT

Adrián Valverde

Rías Baixas

12º

15º

Pablo Álvarez *

Cambre

21º

23º

Jonathan Sousa

In Situ

38º

52º

Paulo González

Salvaterra

39º

31º

Roi Álvarez

Salvaterra

42º

39º

Alejandro Alonso

Salvaterra

54º

NT

Álvaro Rey

Cambre

60º

66º

Fernando González

In Situ

63º

62º

Samuel González

Guerciotti

73º

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

ELITE F

*SUB23

Irene Trabazo *

Marín

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

JR

Jorge Fernández

Ponteareas

Manuel Dorrio

Cambre

26º

28º

Aarón Rodríguez

Cambre

27º

38º

Raúl Eirabella

Poio

34º

39º

Borja Gómez

Ponteareas

53º

53º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

CD

Miguel Rodríguez

Ponteareas

Zoe del Río

Marín

Rubén Fandiño

Compostelano

14º

22º

Yerai Groba

Salvaterra

26º

34º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

CD F

Laura Capa

Marín

Sonia Domínguez

Marín

12ª

17ª

Yraya Groba

Salvaterra

17ª

12ª

Sofía Álvarez

Cambre

18ª

18ª

María García

Cambre

22ª

22ª

Carmen Mallo

Caimanes

 

19ª

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

M3

Andrés Calvete

Monte Xalo

Alejandro Mesias

Quintena

Aquiles Sordo

Caimanes

22º

 

Fermín Leira

Pulpeiros

45º

46º

Alberto Catoira

Padronés

63º

64º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

M4 F

Isabel Castro

Condado

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

M 4

José Antonio Pazos

Chantadino

24º

38º

Oscar González

Máis que bicis

38º

43º

Javier Casanova Crespo

Cambre

52º

54º

Ángel Iglesias Abalde

Bici O Con

56º

84º

Francisco Anido

Betanzos

77º

73º

Manuel Grégores

Ponteareas

80º

60º

Luis Antonio Corral

Caimanes

81º

72º

Miguel Carrizo

Bici Verde

84º

88º

Luis Blanco

Ferrol

100º

94º

José Manuel Pérez

Caimanes

114º

107º

Hipólito Mallo

Caimanes

114º

111º

Félix Sánchez

Pinarium

118º

114º

 

CAT

CICLISTA

CLUB

MEDINA

VILLARCAYO

M5

Mario Castro

Padronés

Javier Lago

Spol

15º

Antonio González

Salvaterra

27º

25º

Ricardo Gómez

Ponteareas

44º

40º

M6

Antonio J. Fernández

Cambre

16º

11º

 

 


Enlace con la noticia original: A "Armada" galega conquista o ciclocrós de Burgos

Mas noticias relacionadas