A Copa Galicia de Enduro 2019 estréase este domingo cun calendario cheo de novidades

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A primeira Copa Galicia 2019 que se pon en marcha é a de Enduro. Este domingo a VigoBikeContest abre un calendario que chega cargado de novidades. Das catro citas que compoñen este certame autonómico, dúas celebrarán a súa primeira edición.

O pano da temporada galega de Enduro levántase co VigoBikeContest regresando a súa casa. Os montes da parroquia Coruxo volven acoller unha competición que a pasada campaña tivo que cambiar de ubicación debido á tráxica vaga de incendios  sufrida meses antes no sur da nosa comunidade. 

O arranque da Copa Galicia 2019 non ofrecerá respiro porque unha semana máis tarde, o domingo 17, disputarase a segunda xornada puntuable. A localidade pontevedresa de Ponteareas será o escenario do I Enduro ADC Picaraña-BizieBike. 

Despois deste explosivo inicio, o certame estará de volta o domingo 7 de abril con outra proba no sur da provincia de Pontevedra que vivirá o seu bautizo. En A Guarda celebrarase o Baixomiño Enduro Experience.

O broche final, un ano máis, pórao a Montefaro Enduro Race, fixada nesta ocasión para o domingo 19 de maio. Tras o éxito do 2018, a cita de Mugardos repetirá como puntuable para o Open de España e para a Copa Galicia. 

 

 

Calendario

10/03/2019                                    VIGOBIKECONTEST ENDURO                                  SINGLETRACK OUTDOOR SPORTS

17/03/2019                   I ENDURO ADC PICARAÑA-BIZIEBIKE PONTEAREAS             PICARAÑA, A.D.C.

07/04/2019                             BAIXOMIÑO ENDURO EXPERIENCE                               IN SITU C.C.

19/05/2019                              MONTEFARO ENDURO RACE 2019                               PULPEIROS MUGARDOS C. 

 

 

 


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia de Enduro 2019 estréase este domingo cun calendario cheo de novidades

Mas noticias relacionadas