A VigoBikeContest celébrase este domingo en Fragoselo con récord de participación

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Este domingo dispútase en Fragoselo unha nova edición da VigoBikeContest de Enduro, cita que organiza Singletrack Outdoor Sports co patrocinio do Concello de Vigo, e que marca o inicio da Copa Galicia 2019 desta modalidade. A proba, que se celebra ininterrompidamente desde o ano 2000, conseguiu nesta edición récord de participación con 220 inscritos de Galicia, Asturias, Castela-León e Portugal. O alcalde Abel Caballero deu sorte aos participantes desta dura competición e animou aos vigueses a seguila xa que "é todo un espectáculo".

Guillermo Janeiro, da organización, explicou que se trata dunha proba formada por catro tramos cronometrados individuais e unha cronometrada en grupos de 20 corredores. Este ano, indicou, ofrecen como novidade dúas opcións: Enduro Pro, que son 22 quilómetros de pura competición cun desnivel de máis de 1.000 metros (saída ás 8.45 horas) e Enduro Experience, "para dar unha oportunidade aos que queiran empezar con esta disciplina cunha marcha popular non competitiva de 18 quilómetros" (saída ás 10 horas).

A saída e a meta volven a Fragoselo tras un ano en Saiáns e outro no monte Vixiador. Por iso o lema deste ano é "Home, sweet home". Ademais da competición desta fin de semana, VigoBikeContest programa para o próximo 28 de abril a proba pertencente ao circuíto Transgalaica de BTT Maratón, sobre unha distancia de 56 km nos montes de Candeán.

 

Fonte: Concello de Vigo


Enlace con la noticia original: A VigoBikeContest celébrase este domingo en Fragoselo con récord de participación

Mas noticias relacionadas