A Volta a Lugo Máster celebra esta fin de semana a súa cuarta edición

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Con tres etapas en dúas xornadas a Volta a Lugo Máster apoderarase esta fin de semana das estradas da Ribeira Sacra. O Club Ciclista Chantadino organiza a cuarta edición deste evento que agarda reunir a preto de 200 corredores. O prazo para inscribirse en emesports.es péchase este xoves, día 28, ás 23:00 horas.

Os ciclistas máster-30, máster-40 e máster-50/60 disputarán o sábado un dobre sector. Pola mañá, a partir das 10:45 horas, terán que percorrer 75 kilómetros con inicio e chegada en Escairón. Pola tarde, dende as 16:30 horas, a capital do concello do Saviñao repetirá como escenario dunha contrarreloxo individual de 8 kim.

O domingo a saída e a meta trasladaranse a Chantada. Ás 10:45 horas comezará a competición sobre un trazado de 75 km nos que se decidirán o gañador final absoluto da volta e os vencedores en cada categoría. 

Todo corredor retirado ou que chegue fóra de control na primeira etapa poderá tomar a saída na seguinte, pero sen poder optar a ningunha clasificación xeral. Do mesmo modo os ciclistas poderán anotarse de xeito individual a calquera das etapas, sen poder optar neste caso á clasificación final por tempos.


Enlace con la noticia original: A Volta a Lugo Máster celebra esta fin de semana a súa cuarta edición

Mas noticias relacionadas