Aberta a inscripción da IV Marcha Ciclista Unificada Special Olympics

Publicado por: F.G. Ciclismo

Special  Olympics Galicia en colaboración con  Special Olympics Internacional, Special Olympics España e Fademga Plena Inclusión Galicia organizará entre os días 4 e 7 de outubro a IV Marcha Ciclista Unificada na que poderán tomar parte persoas con ou sen discapacidade intelectual, A marcha está promovida por As Burgas de Ourense, ASPAS de Santiago de Compostela e CON ELES de Vilagarcía. Tamén contarán coa colaboración, entre outras moitas institucións, da Federación  Galega de Ciclismo.

A marcha consta de catro etapas. A primeira terá lugar o día 4 na localidade ourensá de Baños de Molgas, onde tamén se celebrará a presentación oficial o día 3 anterior. A segunda etapa será en Friol-Parga na provincia de Lugo o día 5 e o 6 de outubro a cita será en Santiago de Compostela antes de concluír o domingo 7 en Vilagarcía de Arousa.

Cada unha das etapas inaugurarase ás 10:45 e iniciarase ás 11:30. A clausura das xornadas será ás 14:00 e terá unha cota de participación de 5 €, aínda que se o deportista está federado non estaría obrigado a abonala pero si de achegar a licenza co compromiso de asistir. O prazo de inscrición finaliza o próximo 28 de setembro.

Special  Olympics Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que nace co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e de conseguir a súa inclusión social a través do deporte, o lecer e a cultura.

A verdadeira meta das nosas actividades deportivas é promover as capacidades de cada participante, redirixindo a atención, non ás súas limitacións, senón a características como a iniciativa, o liderado, a cooperación, o valor e o autocontrol.

Para solicitar máis información sobre estas marchas ou solicitar a inscrición poden poñerse en contacto con Special  Olympics Galicia (Vía  Pasteur, 53- A- Polígono  do Tambre – 15890- Santiago de Compostela) Telf. 981519815


Enlace con la noticia original: Aberta a inscripción da IV Marcha Ciclista Unificada Special Olympics

Mas noticias relacionadas