Curso de monitor o sábado 23 de marzo

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo (FGC) organiza o sábado 23 de marzo un Curso de Monitor na Casa do Deporte de Vigo (sede da FGC). 

Esta xornada arrancará ás 10.00 horas e rematará ás 19.00 horas.

As prazas son limitadas e os interesados en participar poden anotarse ata o luns 18 de marzo.

O prezo é de 70 euros coa comida incluida e como título do curso entregarase o Diploma de Monitor de Escolas de Ciclismo da FGC.

Na seguinte ligazón poderá realizar a inscrición:
http://gestion.fgalegaciclismo.es/inscripciones/publica/curso-de-monitor-de-ciclismo2019-03-23/

O número da conta bancaria de Abanca para realizalo pago da inscrición e ES22-2080-0573-1430-4000-1167 e no concepto deben indicar: Curso Monitor 

temario consta dos seguintes puntos: 

– Metodoloxía na ensinanza do ciclismo escolar: adestramento e planificación

– Normativa técnica das escolas

– Disciplinas deportivas do ciclismo

– Primeiros auxilios RCP con DESA

– Charla coloquio "O día a día nunha escola de ciclismo"

– Mecánica básica

 


Enlace con la noticia original: Curso de monitor o sábado 23 de marzo

Mas noticias relacionadas