Susana Alonso revalidou o seu título elite de campioa de España de XCUM e Teresa Barreira fíxose coa coroa máster-40

Publicado por: F.G. Ciclismo

Histórica actuación das dúas bikers que defenderon as cores de Galicia no Campionato de España de Ultramaratón celebrado este sábado en Calamocha (Teruel). Susana Alonso defendeu con éxito o título Elite acadado no 2018 e no podio absoluto acompañouna a máster-40 María Teresa Barreira, terceira muller na liña de meta e primeira da súa categoría. Nas máster-40A outra galega, Ana María González (Mitto), tamén se colgou unha medalla, a de bronce. A colleita de metais para a nosa autonomía completouna Miguel Ángel Arias (Extol – La Gramola Team), terceiro clasificado nos máster-40B.

Na proba masculina, os dous representantes masculinos do combinado galego remataron entre os dez primeiros na clasificación elite. Brandan Márquez e Javier Busto foron oitavo e noveno respectivamente. 

Triunfo inapelable

Nun percorrido de 127 quilómetros, Alonso demostrou de principio a fin que era a corredora máis forte de todas as presentes. A mosense marcou diferenzas desde o arranque e tras atoparse coa compañía de  Silvia Roura (Esteve), aínda en idade sub23, marchouse en solitario aproveitando a subida a Fonfría.

Alonso xestionou con brillantez a súa vantaxe para proclamarse en Calamocha campioa de España cun tempo de 6 horas 11 minutos e 46 segundos, aventaxando en 4' a Roura. A terceira praza absoluta ocupouna a pontenovesa Barreira. A dobre campioa de Europa máster-40 detivo o cronómetro en 6:27:59 e deste xeito fíxose co seu primeiro ouro estatal nesta disciplina. 


Enlace con la noticia original: Susana Alonso revalidou o seu título elite de campioa de España de XCUM e Teresa Barreira fíxose coa coroa máster-40

Mas noticias relacionadas