O Infantil "A" resolveu na segunda parte

Publicado por: Pabellon C.F.

Despois dunha primeira parte sen goles e un inicio da segunda metade na que os monfortinos buscaron con máis ahínco a portería, un gol de Justino nunha contra abriría o camiño da vitoria que encarrilaría trece minutos máis tarde o mesmo xogador facendo o segundo (2-0).

Con esa vantaxe tranqulizadora o equipo estivo máis seguro e na recta final Adrián pecharía o partido colocando o terceiro no marcador (3-0) que resultou definitivo. Ver ficha técnica.

Con esta vitoria a ED Ourense ten unha suculenta vantaxe sobre o sexto clasificado que conleva o descenso de categoría. Restan sete xornadas para o final desta Fase de Permanencia. Ver clasificación.


Enlace con la noticia original: O Infantil "A" resolveu na segunda parte

Mas noticias relacionadas