A Copa Galicia DHI lánzase este domingo en Marín

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Chega a quenda dos riders de Descenso no calendario dos certames autonómicos. Este domingo arranca a Copa Galicia DHI 2019 coa localidade pontevedresa de Marín como escenario da xornada inaugural. No VI DH Kamikazes batallarase polos primeiros maillots de líderes. 

O sábado, na véspera, o circuíto permanecerá aberto de 10:00 a 13:00 horas e pola tarde celebraranse os adestramentos con remontes dende as 15:30 ata as 19:00. De xeito paralelo, terá lugar o Mini DH Kamikazes, pertencente ás Mini DH Galicia Series que se están estreando este ano. 

A competición para os maiores vivirá o seu pistoletazo de saída o domingo. Tras os adestramentos oficiais, de 08:30 a 10:30, a clasificatoria lanzarase ás 11:00 e dende as 12:30 disputarase a final. 

As inscricións para o evento organizado polo Kamikazes realízanse en www.cronotec.com e o prazo péchase este mércores. 

Dúas probas máis

As outras dúas citas desta Copa concentraranse no inicio do outono. O 22 de setembro o municipio luncense do Páramo acollerá o V Descenso DHGTeam e para rematar a temporada o Descenso galego vivirá o seu gran día o 6 de outubro en Xunqueira de Espadanedo. Nesta vila ourensá terá lugar o Campionato de Galicia DHI. Ademais de poñerse en xogo as coroas autonómicas desta modalidade, tamén se repartirán os puntos definitivos para a Copa. 

Diego Álvarez nos cadetes, Víctor Mariño nos juniors, Kevin Méndez nos sub23, Manuel Pellón nos elites, Uxía Álvarez nas mulleres, Borja Comesaña nos máster-30, Jose Montenegro nos máster-40 e Manuel Paz nos máster-50 foron os triunfadores finais da Copa Galicia o pasado ano. 

 

Calendario

30/06/2019                         VI DH Kamikazes                                            Kamikazes, C.D. 

22/09/2019                         V Descenso DHGTeam                                  DH Galicia, C.

06/10/2019                        Campionato de Galicia                                   Maceda, C.C.


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia DHI lánzase este domingo en Marín

Mas noticias relacionadas