Alexandre García atrapa en Boiro a primeira camisola de líder da Copa Galicia Cadete

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Co Club Ciclista Barbanza exercendo de anfitrión, a Copa Galicia Cadete de Estrada arrancou o pasado sábado en Boiro. Para coñecer ao primeiro líder deste certame autonómico houbo que agardar ata os últimos metros, onde Alexandre García (Redondela Il Piccolo) impuxo a súa punta de velocidade nun grupo de sete corredores. 

A proba cadete do XXXII Promoción Ciclismo Boiro disputouse sobre unha distancia de 50 quilómetros. Antes de chegar á recta final Rubén Fandiño anotouse as clasificacións da Montaña e das Metas Volantes. O corredor do Zona Cycling estivo a piques de adxudicarse todos os trofeos, pero no esprint final superouno García.

O terceiro chanzo do podio ocupouno Breogán Diz (Aluminios Cortizo) e co mesmo tempo que os tres primeiros remataron Fabián Rodríguez (Caimanes Betanzos), Rubén Meilán (Cidade de Lugo), Martín Rey (Aluminios Cortizo) e Jorge Fajardo (Barbanza). 

A Copa Galicia Cadete regresará o 25 de maio co Trofeo Concello de Carballo e rematará o 8 de xuño en Viveiro co XXXVI Gran Premio San Roque.

 

Calendario

04/05/2019                                 XXXII Promoción Ciclismo Boiro                                        Barbanza, C.C.              

25/05/2019                                Trofeo Concello de Carballo 2019                                      Carballo, C.C. 

08/06/2019                                XXXVI Gran Premio San Roque                                            Viveiro, C.C.                          

 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Alexandre García atrapa en Boiro a primeira camisola de líder da Copa Galicia Cadete

Mas noticias relacionadas