Aprobado con nota para os "galegos" nos Campionatos de España de MTB

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Dous días despois de concluír os Campionatos de España de mtb, o balance obtido pola representación galega no Nacional foi cualificada de brillante tanto polo papel realizado polos membros do equipo autonómico como por aqueles galegos que acudiron representando aos seus equipos. En total a colleita de “os galegos” saldouse con catro medallas (unha prata e tres bronces) e un total de 16 presenzas no top 10 das diferentes clasificacións. Só tres competidores víronse obrigados a retirarse antes de tempo por molestias físicas.

A xornada de apertura trouxo aos galegos a primeira medalla co bronce logrado no Team Relay polo equipo de Galicia composto por Samuel González, Carlos Canal, Lara Lois e Saúl López. Na sesión do sábado Alberto Pedreira (Bici Verde) lograba un novo bronce no eliminator. A Xornada de clausura deixou aos galegos dúas novas preseas, para Isabel Castro ( FGC) quen se fixo co bronce individual na categoría de mulleres master e para Carlos Canal ( FGC) quen conseguiu o subcampeonato e a medalla de prata na proba xuvenil. A continuación resúmese a participación dos ciclistas galegos nos Campionatos.

Team Relay

MEDALLA DE BRONCE Galicia (Samuel González, Carlos Canal, Lara Lois, Saúl López)

Eliminator

MEDALLA DE BRONCE Alberto Pedreira  (Bici verde)

5º        Jorge Punzón (FGC)

8º        Oscar Vázquez (OVCBikes

32º      Raúl González (Maceda)

Eliminator femenino

5º        Alba Arias (FGC)

Master 50

8º Master 50 A         Manuel castro (Barbanzabike)

8º Master 50 B         José Manuel González (Maceda)

23º Master 50 A       José Carlos Picallo (Barbanzabike)

Master 40

9º Master 40 A         Alejandro Trasbach (FGC)

14º Master 40 B       José Maceira (Macebike)

17º Master 40 B       Julio Rivera (3 Lunas)

18º Master 40 B       Oscar González (Máis que Bicis)

Master 30

4º Master 30 A         Manuel Parada (FGC)

11º Master 30 B       Diego Rey (Caimanes)

19º Master 30 B       Iván Pereira (Barbanza)

20º Master 30 B       Jorge Lorenzo (3 Lunas)

Master femenino

MEDALLA DE BRONCE   Master 40 Isabel Castro (FGC)

Junior

MEDALLA DE PRATA       Carlos Canal (FGC)

67º      David Aragunde (FGC)

Ret      Roi López (FGC)

Ret      Adrián Barros (FGC)

Junior Femenino

10ª      Andrea García (FGC)

14ª      Alba Arias (FGC)

Sub23

5º        Iván Feijoo (FGC)

21º      Pablo Alvarez (FGC)

48º      Raúl González (Maceda)

Ret      Samuel González (FGC)

Sub 23 Femenino

6ª        Irene Trabazo (FGC)

Elite

4º        Pablo Rodríguez (MMR)

34º      Saúl López (FGC)

38º      Jorge Punzón (FGC)

42º      Alberto Pedreira (Bici Verde)

Elite Femenino

7ª Lara Lois (FGC)


Enlace con la noticia original: Aprobado con nota para os "galegos" nos Campionatos de España de MTB

Mas noticias relacionadas