Barreira revalidou o título de campioa de Europa de Ultramaratón e Márquez rozou o podio

Publicado por: F.G. Ciclismo

A Pedals de Foc Non Stop proclamou este domingo aos novos campións europeos de BTT Ultramaratón, coa pontenovesa María Teresa Barreira (Castropol Deporte) defendendo con éxito a súa coroa Máster-40 A tras acadar a terceira posición na clasificación absoluta e co elite vigués Brandan Márquez (Tres Lunas Quereño) finalizando cuarto na proba masculina. 

A cita ilerdense, que por terceiro ano consecutivo acolleu a disputa do Campionato de Europa de Ultramartón, contou con 213km e 6.200 m de desnivel positivo e coa presenza de 1.000 participantes de 17 nacionalidades, que tomaron a saída ás 5 da mañá  debido á onda de calor que leva afectando a toda a zona desde hai varios días.

A carreira, que rodea o Parque Nacional de Aigüestortes e Estany de Sant Maurici, desenvolveuse segundo o previsto na categoría masculina, coa maioría de favoritos encabezando a mesma ata a baixada a Vilaller, onde se presentaba un grupo de 31 unidades encabezado por Guillem Cassú (Artsport Banyoles). Con todo na subida a Serreres, e como vén sendo habitual, seleccionouse o grupo quedando reducido a 9 ciclistas que afrontaron a técnica baixada ata Llesp pasando no punto 2 de control en Gotarta con 2 h 39’ de carreira e encabezados polo triplo vencedor da proba e dobre campión estatal Brandan Márquez.

Este grupo de 9 formado por Márquez, Llibert Mill, Dani Carreño, Joseba Albizu, Roger Argelaguer, Guillem Cassú, Francisco Ferreiro, Alberto Fernández, e o ruso Mikhail Utkin mantíñase agrupado ao paso por Lles Esglésies, e foi no Coll de Oli onde se terminou fragmentando quedando sós na cabeza o cuarteto protagonista da parte final: Llibert Mill, Brandan Márquez, Dani Carreño e Joseba Albizu, con Alberto Fernández pasando 5º en Torre de Cabdella (km 98) a algo máis de 1’. Argelaguer e Cassú abandonaban neste punto, polo que a carreira circulaba cuns 10’ de adianto sobre o tempo de 2018. O mítico Coll de Triador-Cima Iñaki Lejarreta esperaba aos corredores con temperaturas por encima dos 35º. Como o ano anterior, Alberto Fernández fixo unha subida espectacular e remontou pasando 3º, detrás do dobre campión de Europa Joseba Albizu (Lagun Onak), que levaba o premio homenaxe a Lejarreta que lle entregaba a súa família no podium, e dun Dani Carreño ( Buff Scott) que na súa primeira participación na Pedals estaba a realizar unha gran actuación. Mill pasaba na cima a dous minutos e medio de Albizu, e Márquez a máis de 5’.

No tramo de falso chairo en ascenso ata a Portella Branca, teito da Pedals de Foc, Albizu aumentaba a súa vantaxe, chegando a Espot (km 143) en menos de 7 h e con case 4’ sobre o duo Fernández- Carreño, con Mill lixeiramente atrasado e Márquez en 5º lugar. A calor cara a estragos neste tramo da proba e pasaba factura a moitos ciclistas, como o ruso Utkin que pasaba a máis de media hora ou o portugués Bruno Rosa que chegaba 45’ despois.

Tras o paso por Isil e dirección ao santuario de Montgarri, Albizu mantiña o liderado por algo máis dun minuto e medio sobre o duo Carreño- Mill, con Márquez 4º a máis de 5’ e Alberto Fernández 5º. Esas diferenzas mantíñanse no paso por Pla de Beret, e cando a falta só da última baixada todo parecía indicar que Albizu encamiñábase ao seu terceiro cordón europeo, unha portentosa baixada do quíntuplo vencedor da PDF Non Stop Llibert Mill facía que alcanzase a Albizu á altura de Arties deixándolle nos dous últimos quilómetros da proba para conseguir unha espléndida vitoria na meta de Vielha, conseguindo o seu primeiro Campionato Europeo, vencendo por 6a vez a proba e parando o crono en 9 h 50’ 4”, record absoluto das 14 edicións e primeira vez que se baixa das 10 h. Un exhausto Albizu chegaba en 2a posición a medio minuto, mentres que Dani Carreño pechaba o podio chegando a 1’ 11” do vencedor. Brandan Marquez (4º) e Alberto Fernández (5º) completaban o Top5.

Nas mulleres a leridana Ramona Gabriel (Garmin Ixcor) levou o Campionato Europeo despois de pisar podio as dúas últimas edicións e vencer a proba en 2016. A pesar de pasar en 4º e 3º posición os dous primeiros puntos de control a case 4’ do duo de cabeza formado pola inglesa Leaper e a campioa catalá de XCUM Silvia Roura (Esteve), foi camiño de Lles Esglésies cando deu alcance a Roura e nas ramplas de Coll de Oli xa quedaba en solitario na cabeza pasando o resto de puntos de control liderando a proba ata parar o crono ao final en 12 h 17’ e 49’, récord feminino da mesma. Roura non puido seguir o ritmo de Gabriel, pero mantivo a segunda posición tamén ata o final, e con Leaper abandonando en Torre de Cabdella, foi a galega Maria Teresa Barreira a que chegou 3ª a meta despois de realizar unha brillante segunda parte da carreira.

Clasificacións


Enlace con la noticia original: Barreira revalidou o título de campioa de Europa de Ultramaratón e Márquez rozou o podio

Mas noticias relacionadas