Carla Fernández obtivo o mellor resultado das galegas na Copa de España de Noja

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Na terceira xornada da Copa de España Féminas Cofidis 2019 a viguesa Carla Fernández consolidou a cuarta praza na clasificación xeral júnior. A corredora do Río Miera – Meruelo colleitou a cuarta posición no Trofeo Villa de Noja – GP Cantabria Deporte, unha cita na que outras cinco galegas alcanzaron a liña de meta. 

A proba júnior resolveuse con vitoria de Carolina Esteban (Madrid Team) ao esprint entre un grupo de quince corredoras despois de ter cuberto unha distancia de 71,3 quilómetros. Fernández, que a semana anterior rematara terceira, tivo que conformarse nesta ocasión co quinto posto. Na xeral suma 106 puntos, a 32 da líder Idoia Eraso (Nafarroa).

Na carreira raíña, de 91 km, venceu Maria Martins (Sopela) e dúas sub23 galegas entraron no pelotón principal a pouco máis dun minuto. Irene Trabazo (Marín) fíxose coa 22ª praza, sendo a décima sub23, e Paulan Sanmartín (Eneicue) coa 35ª, correspondéndolle a 15ª sub23. 

En canto ás cadetes, Aroa Mediavilla (Cambre) foi a mellor galega. Terminou 26ª no grupo principal do que se distanciou en 2:25 a gañadora Estela Domínguez (Río Miera – Meruelo). Os 33 quilómetros desta categoría tamén os completaron Sonia Domínguez (Marín) e Claudia García (Redondela), 65ª e 91ª respectivamente. 

O 28 de abril disputarase en Dos Hermanas (Sevilla) a cuarta proba puntuable deste certame. 

 

Máis información 

Foto: Javi Linares


Enlace con la noticia original: Carla Fernández obtivo o mellor resultado das galegas na Copa de España de Noja

Mas noticias relacionadas