Catro galegos defenderán este sábado as cores de Galicia no Campionato de España XCUM

Publicado por: F.G. Ciclismo

Por primeira vez na historia, Galicia contará con catro representantes, dous homes e dúas mulleres, no Campionato de España de BTT-Ultramaratón (XCUM). Os elites Susana Alonso, Brandan Márquez, Javier Busto e a máster-40 Teresa Barreira compoñen o combinado galego que este sábado, 30 de marzo, disputará este desafío de 127 kilómetros en Calamocha (Teruel). Os nosos representantes desprazáronse o xoves ata terras aragonesas para na xornada do venres revisar as zonas técnicas do circuíto.

O cuarteto de especialistas que forman a selección autonómica acumula títulos nesta disciplina. A mosense Alonso defenderá a coroa estatal acadado o pasado ano; o santiagués Márquez foi campión de España no 2015, 2016 e no 2017 colgouse o bronce; a pontenovesa Barreira lánzase polo título estatal despois de subir ao máis alto do podio máster-40 nas dúas últimas edicións do Campionato de Europa; e o lalinense Busto afronta un novo reto como elite tras adxudicarse no 2018 o Campionato de Europa máster-30.

N nómina de galegos en Calamocha aparecen outros dez bikers: Ana María González (Mitto); Adrián Moreira, Ginés Cousillas, Adrián Gómez e Jorge Abeal (3 AG); Manuel Alejandro Recarey (Jarnachas); Miguel Ángel Arias (Extol-La Gramola Team); Marcos Fernández (De La Fuente); Constantino Arias (Tres Lunas Quereño); e  José Antoni Torviso (Castropol Deporte).

 


Enlace con la noticia original: Catro galegos defenderán este sábado as cores de Galicia no Campionato de España XCUM

Mas noticias relacionadas