Compostela Motor e Toyota fan da Volta a Galicia unha proba respetuosa co medio ambente

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Volta Ciclista a Galicia conta este ano coa colaboración do concesionario Compostela Motor en Santiago, que prestou á organización varios dos seus modelos híbridos entre os que se atopan os eficientes Toyota Auris.

A marca xaponesa é líder mundial neste tipo de coches que evolucionaron e, como eles, os seus condutores, que hoxe son moito máis esixentes e conscientes dunha condución responsable e sustentable. Os modelos híbridos son a resposta a esta demanda compatible coas novas normativas europeas, xa que reducen as emisións de CO2 á vez que ofrecen unha durabilidad comparable á de calquera outro coche de combustión tradicional.

A Federación Galega de Ciclismo, ademáis de contar na Volta a Galicia cuns vehículos idóneos para o traballo de xuíces e organización tamén pode presumir grazas a Compostela Motor de completar a rolda máis “limpa” de todas as edicións realizadas ata agora.


Enlace con la noticia original: Compostela Motor e Toyota fan da Volta a Galicia unha proba respetuosa co medio ambente

Mas noticias relacionadas