Canal (Maceda) logra a Super Cup Massi 2018

Publicado por: F.G. Ciclismo

Carlos Canal (Maceda) consumou en  Vallnord (Andorra) a súa vitoria na clasificación xeral da  Super Cup Massi 2018. Canal concluíu a cuarta e última cita da serie logrando a segunda praza ante o seu principal rival, o andaluz David Campos (Primaflor  Mondraker).

O ciclista limiano tamén asinou a vitoria final da Copa Catalá  junior despois deste resultado logrado nun escenario como o de  Vallnord, sede cada ano dunha proba da Copa do Mundo, un circuíto duro pola altitude á que se corre contorna aos 2000 m.

Esta é a última proba na que Canal tomaba parte antes de partir coa Selección de España cara Suíza onde este xoves participará nos Campionatos do Mundo


Enlace con la noticia original: Canal (Maceda) logra a Super Cup Massi 2018

Mas noticias relacionadas