Os galegos do Norinver pechan o Mundial de Varese co título de fondo de Raúl Portillo

Publicado por: F.G. Ciclismo

Raúl Portillo proclamouse Campión do Mundo de master de ciclismo, proba principal da UCI, tras vencer na proba de fondo na categoría de 45 a 49 anos.

Portillo, representante do equipo galego do Norinver Team Cabanas, impúxose nun percorrido de 135 quilómetros ao italiano Antonio Borrelli e o suízo Roger Devittori. O éxito do ciclista karranzano chega apenas dous días despois de lograr o triunfo na proba de crono do Mundial que se disputou en Varese, Italia.

Co seu dobrete o do Norinver logra ser o primeiro español que gaña esta cita e supón o maior éxito logrado ata a data polo conxunto galego que acudiu a esta cita co seu equipo master.

Ademais de Portillo e nun pelotón de 1900 ciclistas entre todas as categorías, destacou a sétima praza de Rubén Fernández Oliveira no tramo de 40-44 anos ou Javier de la Fuente quen concluíu no posto 38 de case 400 ciclistas master 50. Os de Cabanas obteñen así un premio á súa aposta decidida polo ciclismo que se viu incrementado no último ano coa de ciclistas de categorías de base.

Resultados do Campionato

Foto ©Facebook


Enlace con la noticia original: Os galegos do Norinver pechan o Mundial de Varese co título de fondo de Raúl Portillo

Mas noticias relacionadas