Publicado por: F.G. Ciclismo
O tren de borrascas que azouta Galicia obriga a aprazar por segunda vez a VigoBikeContest, proba inaugural da Copa Galicia de Enduro. A cita que estaba prevista para o pasado 11 de marzo e por mor da borrasca 'Félix' adiouse para este domingo, día 18, tampouco se poderá celebrar nesta segunda data.
"Desde Singletrack Outdoor Sports, organizadores do Enduro do VigoBikeContest que se ía a celebrar o 18 de marzo, vémonos na obrigación de volver aprazar a proba ata unha data aínda por definir", indican os responsables do evento. "As choivas caídas os últimos días sumadas á cantidade de bicicletas que estiveron rodando polos tramos deixaron os carreiros nun estado impracticable en moitos casos e as Comunidades de Montes así como os forestais da zona non queren que o terreo se siga deteriorando, polo que nos instan a aprazar o evento. Faremos o reembolso das inscricións a todos os participantes nos próximos días".
"Pedimos desculpas polas molestias que puidésemos ocasionar aos participantes e procuraremos anunciar unha nova data de acordo coas Comunidades de Montes e coa Federación Galega de Ciclismo", sinalan. Na proba ían participar 178 riders.
Fonte: Faro de Vigo
Enlace con la noticia original: O temporal obriga a aprazar por segunda vez a VigoBikeContest