Comunicado da RFEC e as súas federacións autonómicas en relación ás condicións nas que debe desenvolverse a actividade deportiva profesional e federada durante a fase 1 da desescalada

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Atendendo ás vosas consultas en relación ás novas condicións para a práctica do ciclismo naqueles territorios que entraron na Fase 1, que quedan reguladas no BOE nº 130 do 9 de maio, na Orde SND/399/2020, aclaramos as pautas fixadas polo Estado para realizar actividade física en instalacións deportivas e centros deportivos.

Instalacións deportivas ao aire libre e centros deportivos

A Orde do 9 de maio regula a práctica deportiva en instalacións de ciclismo en territorios de Fase 1 como velódromos, pistas escolas, pistas de BMX, instalacións de Trial, etc. En calquera caso, o uso das mesmas requirirá de cita previa e o cumprimento do establecido na orde mencionada.

Para a práctica deportiva neste tipo deste tipo de instalacións, permítense os desprazamentos dentro da provincia e non son de aplicación as franxas horarias, xa que a actividade realizarase mediante cita previa.

Adestramento fóra de instalacións deportivas

En canto á práctica deportiva ao aire libre (fóra de instalacións deportivas) durante a Fase 1, continúan vixentes as condicións da Orde SND/388/2020, do 3 de maio, previstas para a Fase 0. Entre elas atópanse os límites da práctica na provincia para profesionais e DAN, e límite municipal para o resto de federados (esperando aclaración do CSD). En canto ás franxas horarias, seguen estando vixentes as mesmas.

Aínda que, a Orde SND/399/2020 do 9 de maio para a Fase 1 permite ás comunidades autónomas regular as franxas horarias referentes aos paseos dos nenos e as franxas horarias para a práctica deportiva reguladas na Orde SND/380/2020, do 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre. Por iso, se as comunidades cambian os horarios da actividade física non profesional, coa normativa actual, non afectará os horarios da práctica deportiva profesional e federada que está regulada na orde Orde SND/388/2020, do 3 de maio.

Como apuntamos, a Federación tamén estivo realizando diferentes consultas ao CSD para aclarar algunhas das cuestións publicadas no BOE do 9 de maio. Entre elas, se fose de aplicación para a Fase 1 a libre circulación pola provincia para a práctica deportiva ao aire libre (fóra de instalacións) para os federados que non son profesionais ou DAN.

A Real Federación Española de Ciclismo e as federacións autonómicas agradecen a colaboración e o civismo que está a mostrar o colectivo ciclista e instamos a continuar respectando estritamente a normativa. Achegamos a Orde SND/399/2020.


Enlace con la noticia original: Comunicado da RFEC e as súas federacións autonómicas en relación ás condicións nas que debe desenvolverse a actividade deportiva profesional e federada durante a fase 1 da desescalada

Mas noticias relacionadas