Comunicado do 9 de marzo de 2018 da Secretaría Xeral para o Deporte sobre as actividades deportivas ao aire libre en instalacións deportivas en Galicia

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia no día de hoxe activou a  alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias.

No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 120 km/h que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rias Baixas, Interior)esperándose que de comezo  a partir das primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018 e remate ás 6 da maña do domingo 11 de marzo de 2018.

A vista desta situación, desde esta Secretaría Xeral para o Deporte INSTASE Á SUSPENSIÓN DE TODAS AS COMPETICIÓNS DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE NA TARDE DO SABADO 10 DE MARZO DE 2018  NA PROVINCIA DE CORUÑA E PONTEVEDRA.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuices, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.
No caso de precisar información máis puntual ou detallada, chame ao CENTRO INTEGRADO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA, ou consulte a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112:  www.axega112.gale de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Santiago de Compostela
A secretaria xeral para o Deporte Marta Míguez Telle

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Comunicado do 9 de marzo de 2018 da Secretaría Xeral para o Deporte sobre as actividades deportivas ao aire libre en instalacións deportivas en Galicia

Mas noticias relacionadas