Convocatoria subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel na tempada deportiva 2018/2019

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Convocatoria específica para o desenvolvemento do proxecto de subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel na tempada deportiva 2018/2019

Convocatoria: Prazo solicitudes: 01/08/2019 – 23/08/2019

Requisitos Deportistas

  • Estar empadroado na cidade de Vigo como mínimo desde xaneiro  do 2019.
  • Ter competido no ano 2019 ou na tempada 2018/2019 segundo o caso, cunha licenza federativa vinculada a unha entidade deportiva sen  ánimo de lucro con sede social na cidade de Vigo.
  • Competir como deportista dunha modalidade deportiva individual, participando de xeito individual, en parella ou trío.
  • Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.
  • Cumprir un dos seguintes requisitos:
    • Estar recoñecido/a pola Secretaría Xeral para o deporte como deportista galego/a de alto nivel segundo a última lista publicada no DOG no momento da finalización do prazo para a presentación da solicitude de subvención.
    • Estar clasificado na fase nacional previa ó campionato obxecto da solicitude de subvención.
    • No caso de que a competición dependa de Ranking, que o/a deportista estea clasificado/a entre o 20% dos mellores deportistas do Ranking nacional da modalidade.
    • No caso de deportistas discapacitados, admitirase a certificación emitida pola federación nacional que acredite que o solicitante está considerado de alto nivel na modalidade ou, no seu defecto, a invitación formal ó campionato do que se trate, na que se acredite que a invitación é o sistema de acceso ó campionato.

Requisitos específicos Entidades solicitantes

  • Que os/as deportistas integrados/as no programa obxecto da solicitude cumpran os requisitos establecidos no apartado 5.6 e non haxan solicitado a axuda de forma individual polo mesmo obxecto no ámbito desta mesma convocatoria de subvencións.
  • Poderán solicitar e obter estas axudas os clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo, teñan personalidade xurídica propia, carezan de ánimo de lucro, cumpran os requisitos que establecen as presentes bases e convocatoria, e desenvolvan un programa específico de competición de alto nivel orientado a deportistas individuais, parellas ou tríos con ficha federativa vinculada á entidade durante a tempada deportiva 2018/2019   ou no ano 2019 segundo o caso.
  • Quedan excluídas expresamente de esta convocatoria:
    • As federacións deportivas.
    • Os clubs pertencentes ou integrados en institucións oficiais.
  • As entidades deberán estar integradas en competicións oficiais ou campionatos organizados polas federacións deportivas, e sen ter consideración de club ou equipo profesional.

Enlace con la noticia original: Convocatoria subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel na tempada deportiva 2018/2019

Mas noticias relacionadas