Filgueiras inaugura na xincana infantil o casilleiro de medallas de Galicia nos Campionatos de España Escolares

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Quedou ás portas do podio pola mañá e conseguiu subir ao caixón pola tarde. A infantil María Filgueiras, cuarta na proba en liña, obtivo a medalla de prata na xincana celebrada no Circuito Ricardo Tormo de Cheste, estreando deste xeito o casilleiro de medallas da Selección de Galicia nos Campionatos de España Escolares. 

A ciclista do Caimanes de Betanzos demostrou a súa rapidez e habilidade sobre a bicicleta. O seu rexistro de 3:18 unicamente o mellorou Dara Arencibia (Canarias), que se impuxo cun só segundo de vantaxe respecto á galega. O podio completouno María Martínez (Castilla y León). 

A Selección de Galicia ocupou a novena posición na táboa por conxuntos, con Alba Gregores 28ª, Lucía Crespo 43ª e Laura Fuentes 50ª.

Na xincana masculina o mellor clasificado do combinado galego foi Tomás Pombo (34º). Este resultado sumado ao de Miguel Prado (41º), Gael García (55º) e Mauro Amor (59º) situaron á Selección no decimosexto posto. 

BTT

Este sábado tamén chegou a quenda nestes campionatos das probas cadetes de BTT. Galicia conseguiu o quinto posto na competición de mozos disputada en Riba Roja del Turia. Os 20 quilómetros de percorrido Miguel Rodríguez rematounos na 11ª praza, Fabián Rodríguez na 16ª, Iván Fernández na 21ª e Anxo Carril na 27ª.

As mozas cadetes pugnaron polo título estatal dando tres voltas ao circuíto ata sumar 12 km. Laura Capa cruzou a liña de meta na 14ª posición, Laura Mira na 20ª, Marta García na 24ª e Laura Fernández na 26ª.

 

Máis información 


Enlace con la noticia original: Filgueiras inaugura na xincana infantil o casilleiro de medallas de Galicia nos Campionatos de España Escolares

Mas noticias relacionadas