Segundo posto para o Club Ciclista Riazor na Copa de España de Badajoz

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Despois do seu paso por Viveiro a Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019 reanudouse este sábado en Badajoz coa súa cuarta proba puntuable. A beiras do Guadiana o Club Ciclista Riazor acadou catro medallas, rematou segundo por equipos e mantivo o liderado nas dúas clasificacións que encabezan os seus handbikers.

Mila López encabezou a actuación da estrutura coruñesa impoñéndose na competición WH4. Deste xeito, a handbiker de Baiona reforzou a súa primeira posición na xeral da Copa. 

Os outros tres galegos que asinaron postos de podio finalizaron segundos nas súas categorías. Luís Árcega colgouse a prata en MC3, Xosé Manuel Vázquez en MC4 e Iván Manoel Montero en MH5. O resultado deste último permítelle manter a camisola de líder. 

A próxima cita do circuíto estatal terá lugar na localidade biscaíña de Valle de Trápaga o 21 e 22 de setembro. 

Máis información


Enlace con la noticia original: Segundo posto para o Club Ciclista Riazor na Copa de España de Badajoz

Mas noticias relacionadas