Vilaboa ditará sentenza do Campionato de Galicia de Descenso

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Vilaboa acolle por segundo ano consecutivo a celebración do Campionato de Galicia de Descenso coa organización do Club Kamikazes. A pesar de ausencias dalgúns ciclistas destacados en anteriores tempadas, o certo é que esta edición terá, con 115 inscritos, unha participación maior que a de 2017. Nos últimos días, os membros do club organizador han estado traballando no trazado e confían en que poida chover antes da carreira para evitar sufrir rebumbios doutras ocasións.

En canto ao deportivo, a gran cita da tempada en Galicia servirá para reeditar duelos que se foron sucedendo ao longo do ano destacando a categoría elite na que defende título Manuel Pellón ( BDM) ante rivais da talla de Sergio Peleteiro ( Xbikes), Abel Rial (Compostelán) e sobre todo o internacional Marco Veiga ( Quitena), gañador na última cita galega en Xunqueira de Espadañedo. A moza Uxia Álvarez (Coruxo) verallas unha vez máis esta tempada con Paula Seoane ( Barbanzabike) para asaltar o trono das mulleres que o pasado ano obtivo Lucia Vázquez ( Prorebordosa).

O vixente campión de Galicia junior, Víctor Mariño ( XBikes), defenderá a súa condición de favorito ante o recentemente chegado á categoría, Marco Martínez ( Corbelo), campión cadete o pasado ano e Yago Otero ( Motobike), entre outros. A igualdade é a nota dominante nas categorías master e os cadetes onde é difícil establecer un favorito ao triunfo final.

O circuíto estará aberto para adestramentos libres na matinal do sábado mentres que pola tarde se cebrarán adestramentos libres con remote. A xornada do domingo iniciarase ás oito e media cos adestramentos oficiais. Ás 10:30 darase a saída oficial á manga de cualificación que servirá para establecer a orde de saída na manga final a partir das 12:30 que será a que outorgue a clasificación final do Campionato.


Enlace con la noticia original: Vilaboa ditará sentenza do Campionato de Galicia de Descenso

Mas noticias relacionadas