Eladio Jiménez adxudicouse a Volta a Lugo Máster

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O exprofesional salmantino Eladio Jiménez triunfou na clasificación xeral da Volta a Lugo Máster. O máster-40 do Norinver estivo escoltado por José Ignacio Méndez (Garaje Paco) e Rubén Fernández (Norinver), segundo e terceiro respectivamente, no podio da cuarta edición deste evento organizado polo Clube Ciclista Chantadino e que contou coa participación de 190 corredores. 

O gañador final resultou invencible no dobre séctor do sábado. Pola mañá impúxose nos 75 quilómetros con inicio e chegada en Escairón. O salmantino ergueu os brazos cun segundo de vantaxe sobre os masters-30 Méndez e Iago Alonso (Chantadino). 

Pola tarde o líder ampliou a súa vantaxe na xeral sendo o máis rápido na contrarreloxo individual de 8 quilómetros que volveu ter a capital do Saviñao como escenario. Jiménez bateu por 6 segundos ao seu compañeiro máster-40 Fernández e en 7" a Méndez.

O único triunfo parcial que se lle escapou ao salmantino foi o do domingo en Chantada. Despois de 75 quilómetros de percorrido, a vitoria correspondeulle ao máster-40 Iván Villar (Villaviciosa). Co mesmo tempo do gañador chegou Méndez e a dous segundos finalizou Jiménez. 

Na entrega de premios que clausurou esta rolda tamén subiu ao máis alto do podio Juan Manuel Toribio (Debra) como primeiro máster-50/60. O vencedor por equipos foi o Norinver. 

 

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Eladio Jiménez adxudicouse a Volta a Lugo Máster

Mas noticias relacionadas